A
QUEN ESCOLLES NAS ELECCIÓNS?
Clic para ver a imaxe máis grade e copiala |
COMO FUNCIONA O SISTEMA DE ELECCIÓNS?
Clic para ver a imaxe máis grade e copiala |
QUE OPCIÓNS TES CO SISTEMA ACTUAL?
É importante que cada individuo manteña unha actitude activa e crítica perante a política e que, sexa cal sexa a opción que decida tomar, fágao con información e convicción. Ante unhas eleccións e coa actual lei electoral, a cidadanía ten as seguintes opcións:
1º Abstención: consiste en non acudir ás urnas a votar. Hai que ter en conta que aínda que ti escollas non participar do proceso, o sistema seguirá a ter capacidade de acción sobre ti. É importante que saibas que esta pode ser unha opción máis de participación política, a renuncia a participar dun sistema co cal non se está de acordo.
2º Voto nulo: Implica a participación no proceso electoral dunha forma que a lei non acepta. Estes votos non computan para o resultado final das eleccións, pero si o fan coma participación- Nesta modalidade pode explicitarse o teu desacordo co sistema electoral.
3º Voto en branco: A idea básica deste tipo de voto pode ser a de participar das eleccións para comunicar o descontento coa clase política. Porén, o sistema encárgase de boicotear esta opción mediante o sistema D'Hont e o albor electoral, pois o voto súmase ao total.
4º Voto: Supón escoller unha listaxe electoral e manifestar o apoio a ela. É fundamental que se te decides a votar, o fagas con coñecemento e actitude crítica. O voto útil, por exemplo, só beneficia ao mesmo sistema que te esta impedindo ter unha opción válida á que apoiar.
QUE OPCIÓNS TES MÁIS ALÓ DO SISTEMA ACTUAL?
Aínda que o sistema dificulte o desenvolvemento da súa existencia, existen mecanismos para construír un proxecto de sociedade máis aló da política tradicional. O asociacionismo é un método que permite poder levar adiante de xeito efectivo calquera acción no medio. Ter unha idea e desenvolvela a través das diferentes formas asociativas pode chegar a ser un xeito máis efectivo de acadar os teus obxectivos. A iniciativa individual pode permitirche levar ao cabo os proxectos políticos que pensas que os partidos non han sacar adiante. Así mesmo, é importante recordar que a iniciativa individual pode aplicarse tamén a acción social, non é exclusiva do emprendedor capitalista, tal e como nos fai ver o sistema actual. A formación de plataformas que faciliten a posta en marcha de proxectos conxuntos tamén é unha forma de participación activa na sociedade a ter en conta.
QUE PODES FACER TI?
Non deixes que pensen por ti.