Todas as campañas
Todas as ferramentas
Páxina pechada. Lanzamento: 07/03/2012. Peche: 21/03/2013.

xoves 16 outubro 2014

martes 20 novembro 2012

Enrédate 3ª TEMPADA 1 Programa "Ecoar" e "Oficina de Dereitos Sociais"

Enrédate 3ª TEMPADA 1 Programa "Ecoar" e "Oficina de Dereitos Sociais"

Entrevista a Miguel Quinteiro sobre mobilizacións sociais, ECOAR e análise electoral





luns 12 novembro 2012



Comunicado de apoio á convocatoria de folga xeral do 14N
O vindeiro mércores 14 de novembro celebrarase unha xornada de folga xeral, convocada pola meirande parte dos sindicatos do Estado Español. Será un evento histórico posto que é a primeira vez que varios países da Unión Europea irán á folga en conxunto. Desta vez o motivo da protesta non é unha medida económica concreta, senón a vontade de manter unha postura clara en contra da política económica levada a cabo pola clase dirixente. Falamos logo da motivación de enfrontarse ó capitalismo en si e á súa ofensiva contra os dereitos sociais acadados durante séculos.
            A plataforma ECOAR apoia completamente esta convocatoria. Consideramos que é unha oportunidade decisiva para que cada persoa se sume a ela de maneira activa e desta forma acadar unha fronte común cada vez máis ampla ante a política de recortes económicos e sociais que se está a levar a cabo contra o conxunto da poboación. É fundamental que a cidadanía amose o rexeitamento a unhas políticas que están a xerar precariedade e pobreza, que a agresión en contra dos dereitos sociais non vai ser aceptada pola poboación. Tamén é a oportunidade que temos de reivindicar de forma masiva unha serie de dereitos que o actual goberno tenta desmantelar, dereitos civís que non teñen nada que ver coa economía coma son o de folga, o de reunión ou o de manifestación. O proceso de erosión destes dereitos pouco ou nada ten que ver coa situación económica, senón que é unha escusa do PP e dos seus afíns para acadar un maior control sobre a sociedade, reducindo en consecuencia o grao de liberdade.
            Igualmente, dende ECOAR recordamos a importancia de que a xornada de folga non se limite ó paro laboral, senón que tamén debe haber unha folga de consumo. Hoxe en día o consumo é un dos eixos principais do sistema capitalista e deixar de consumir durante a xornada de folga supón levar a cabo unha acción determinante contra os intereses ós que nos enfrontamos. Tamén é importante lembrar que a folga dura 24 horas, para fortalecer a protesta é fundamental manter as accións durante todo ese período de tempo.
            Unha cousa a ter en conta é que xa sabemos o que vai dicir o goberno ó día seguinte, que a folga foi un fracaso, que a maioría da xente non secundou a xornada porque está de acordo coas súas políticas "inevitables" de recortes e que a xente que quedou na casa fíxoo porque as apoia. Este discurso xa é seguro, forma parte da estratexia de mentira e manipulación que estamos a sufrir, pero o importante é que cada persoa se pregunte se quere que sexa certo ou non. A xornada é unha oportunidade para que a cidadanía en conxunto faga valer a súa voz en contra da situación de crise social imposta polo poder. Debemos facerlles fronte de maneira activa, desta vez coa sorte de que pode ser de xeito europeo, para que non avance a ofensiva capitalista baseada en recortes sociais e apoio con diñeiro público ás entidades financeiras. Por isto e por todas as razóns explicadas antes animamos á xente a participar na vindeira folga xeral do 14N.

xoves 18 outubro 2012

Lei electoral, que podes facer?

Lei electoral, que podes facer? 





A QUEN ESCOLLES NAS ELECCIÓNS?


Clic para ver a imaxe máis grade e copiala
O sistema político actual utiliza coma método de organización política a democracia representativa, a cal consiste en que o soberano (o pobo) cede a súa capacidade de gobernar (os políticos son quen toman as decisións). Así pois a cidadanía perde a capacidade de elixir sobre a súa vida que pasa a mans das persoas que resultan escollidas na votación. Polo tanto, no sistema actual, a elección de representantes políticos supón unha perda da capacidade de decisión para o individuo e, polo tanto, de liberdade. É un sistema interesado, posto que desta forma a clase política é quen de controlar dunha maneira máis efectiva os seus intereses, sexan estes ou non os do pobo.



COMO FUNCIONA O SISTEMA DE ELECCIÓNS?






Clic para ver a imaxe máis grade e copiala
Todo este sistema está regulado pola Lei Electoral 8/1985. O obxectivo último desta lei é impedir que a cidadanía teña capacidade operativa real de autoxestión mediante a posta en funcionamento de mecanismos que dificultan e impiden a súa participación na vida política. Os mecanismos deste tipo máis representativos son: -a división do electorado en circunscricións (no caso galego as provincias) que fai que un mesmo voto non teña o mesmo valor nunha ou noutra circunscrición -o albor electoral (porcentaxe mínima de votos que ten que acadar un partido para poder ter representación), que no resto do estado é do 3%, en Galicia establécese no 5%, polo cal as opcións de voto minoritarias quedan excluídas -o sistema D´Hondt que no reparto de escanos favorece á opción de voto maioritaria, xera un sistema que conduce ao voto útil e ao bipartidismo.



QUE OPCIÓNS TES CO SISTEMA ACTUAL?




É importante que cada individuo manteña unha actitude activa e crítica perante a política e que, sexa cal sexa a opción que decida tomar, fágao con información e convicción. Ante unhas eleccións e coa actual lei electoral, a cidadanía ten as seguintes opcións: 


1º Abstención: consiste en non acudir ás urnas a votar. Hai que ter en conta que aínda que ti escollas non participar do proceso, o sistema seguirá a ter capacidade de acción sobre ti. É importante que saibas que esta pode ser unha opción máis de participación política, a renuncia a participar dun sistema co cal non se está de acordo. 

2º Voto nulo: Implica a participación no proceso electoral dunha forma que a lei non acepta. Estes votos non computan para o resultado final das eleccións, pero si o fan coma participación- Nesta modalidade pode explicitarse o teu desacordo co sistema electoral.  

3º Voto en branco: A idea básica deste tipo de voto pode ser a de participar das eleccións para comunicar o descontento coa clase política. Porén, o sistema encárgase de boicotear esta opción mediante o sistema D'Hont e o albor electoral, pois o voto súmase ao total. 

4º Voto: Supón escoller unha listaxe electoral e manifestar o apoio a ela. É fundamental que se te decides a votar, o fagas con coñecemento e actitude crítica. O voto útil, por exemplo, só beneficia ao mesmo sistema que te esta impedindo ter unha opción válida á que apoiar.



QUE OPCIÓNS TES MÁIS ALÓ DO SISTEMA ACTUAL?




Aínda que o sistema dificulte o desenvolvemento da súa existencia, existen mecanismos para construír un proxecto de sociedade máis aló da política tradicional. O asociacionismo é un método que permite poder levar adiante de xeito efectivo calquera acción no medio. Ter unha idea e desenvolvela a través das diferentes formas asociativas pode chegar a ser un xeito máis efectivo de acadar os teus obxectivos. A iniciativa individual pode permitirche levar ao cabo os proxectos políticos que pensas que os partidos non han sacar adiante. Así mesmo, é importante recordar que a iniciativa individual pode aplicarse tamén a acción social, non é exclusiva do emprendedor capitalista, tal e como nos fai ver o sistema actual. A formación de plataformas que faciliten a posta en marcha de proxectos conxuntos tamén é unha forma de participación activa na sociedade a ter en conta.




QUE PODES FACER TI?


Non deixes que pensen por ti.  

luns 01 outubro 2012

En que consiste o “rescate”?

-->

Como se forma a débeda?


Durante anos, o noso sector financeiro contribuíu á creación dunha enorme burbulla inmobiliaria. Bancos, caixas de aforros e aseguradoras acompañaron os poderes institucionais nesa demencial carreira especulativa. Para financiar os proxectos das construtoras e manter a capacidade de consumo dunhas familias que perdían poder adquisitivo ano tras ano, os nosos bancos e caixas concederon créditos con moita facilidade. Para facer fronte a esta marea crediticia, o noso sistema financeiro pediu prestado, principalmente á banca alemá que é quen acumula o excedente. Isto quere dicir que o sistema financeiro alemán foi un dos principais protagonistas e beneficiarios do noso endebedamento privado.


Cando se converte a débeda privada en débeda pública


Coa crise que estala en 2008 e que supón a conxelación do fluxo de cartos entre bancos, as economías que dependían do financiamento alemán comezaron a sufrir problemas de liquidez. Apoiándose na idea de que a caída do sistema bancario implicaba a caída da economía real, o estado inxectou cartos públicos, pasando a facerse cargo da débeda da banca. Estados como o español, que ata 2007 tiña superávit, entraron en déficit.


En que consiste o “rescate”?


En esencia, os rescates non son máis que unha forma de asegurarse o retorno dos préstamos que principalmente a banca alemá, pero tamén francesa, británica e, en menor medida, estadounidense, teñen comprometida na banca deses estados. Os cartos do rescate á banca española non están pensados para aliviar a crise e os problemas que esta provoca na cidadanía, e tampouco para que o crédito volva fluír ás empresas e familias; o seu único obxectivo é asegurar o pago dos intereses das débedas contraídas por bancos e caixas durante os anos da burbulla. Rescatan á banca para que se lles poida seguir pagando.


Que suporá para nós o rescate?


En primeiro lugar, a perda da soberanía económica, política e social. O Banco Mundial, a Comisión Europea e o FMI (a famosa Troika) intervirán a nosa economía e as nosas institucións, impoñendo reformas e recortes para cobrarse a débeda da banca privada e grandes corporacións, tal e como está a pasar en Greza.
En segundo lugar, un ataque ao estado social que elimina dereitos entre os membros da comunidade e limita o acceso equitativo a recursos e servizos, avocando á pauperización da maioría da poboación.


Que podemos facer?
  • Opoñernos con toda a nosa forza a un rescate da banca privada, esixindo a súa suspensión inmediata. Que sexa a banca quen pague a súa débeda co seu propio patrimonio, aínda que iso provoque a súa quebra.
  • Esixir a depuración das responsabilidades deste proceso.
  • Asegurar o democrático funcionamento do sector, a través do control e participación directa dos cidadáns e cidadás.

QUE DEREITOS PERDICHES DENDE QUE EMPEZOU A CRISE



QUE DEREITOS PERDICHES DENDE QUE EMPEZOU A CRISE


LABORAIS:


-Se te despiden cobras só 20 días por ano traballado (ademais o Estado financia 8 deses 20 días, polo que a empresa só che paga 12 días por ano traballado, cando te bota).
-Se estás 9 días de baixa (aínda que estean xustificadas) pódente botar do teu posto de traballo.
-Poden despedirte se a empresa gaña menos (aínda que siga tendo beneficios).
-Poden despedirte se se prevén perdas (aínda que sexan temporais).
-Poden baixarche o soldo ou cambiarche o horario pactado cando a empresa o considere.
-O empresario pode suspender unilateralmente as condicións do convenio colectivo.
-Se te despiden tes que demostrar que o teu despido foi improcedente (agora todos os despidos considéranse procedentes).
-Os ERE (Expediente de Regulación de Emprego) xa non necesitan do visto bo da Administración. Chega con que a empresa o aprobe.
-Suprímense as bonificacións por maternidade.
-As EETT's suplantan ao Servizo Público de Emprego.


CIVÍS 


-Se polo que sexa es acusado de terrorismo, podes permanecer ata 13 días retido/a, e durante ese tempo non tes dereito a un/ha avogado/a, non tes dereito a un médico á túa elección nin podes comunicar o teu paradoiro á túa familia.
-Se pertences a unha minoría étnica, tes máis posibilidades de ser sometido/a a controis de identidade e de ser sometido/a a accións xudiciais.


SOCIAIS


-Se es dependente ou pensionista, a túa prestación é menor


SANITARIOS


-Se necesitas próteses ambulatorias (muletas,...) agora tes que pagalas.
-Se estás no hospital, nalgunhas comunidades terás que pagar a túa comida e bebida.
-Se necesitas usar unha ambulancia que non sexa unha urxencia, tamén deberás aboala.
-Se tes problemas dixestivos ou de peso, tamén deberás pagar os teus produtos dietéticos.
-Se es estranxeirx en situación irregular deixas de ter dereito á sanidade, só se che atende en urxencias (confúndese non ter papeis, con non ter dereitos).
-Se tes máis de 26 anos, debes demostrar a túa falla de ingresos para poder acceder aos sistema sanitario.
-Se tes algún tipo de patoloxía crónica ou enfermidade rara deberás pagar os servizos, actividades ou técnicas que se che apliquen e queden fóra das consideradas esenciais.


EDUCATIVOS


-Se non tes cartos e necesitas dunha bolsa para poder estudar, o estado non terá en conta esta situación senón que o que contará serán os teus resultados académicos.
-Se traballas na docencia non te poderás reciclar, porque os cursos de formación permanente desaparecen case por completo.
-Se traballas na docencia terás que impartir materias para as que non te formaches.
-Se traballas como científicx, hai un 43% de postos laborais menos este ano.
-Se queres facer estudos universitarios ou xa estás estudando, vas ter que pagar máis por realizar os teus estudos.


DEREITOS QUE NON PERDICHES PERO QUE QUEREN REVISAR


LABORAIS 


-Queren revisar o dereito a folga.
-Queren que a resistencia pasiva (cando nunha manifestación sentas no chan e a policía ten que te erguer, por exemplo) sexa considerada delito.
-Queren que, se convocas unha manifestación por internet e logo hai algunha algarada, sexa considerado que cometes “delito de integración en organización criminal”.