Páxina pechada. Lanzamento: 07/03/2012. Peche: 21/03/2013.
Todas as campañas
Campañas
Todas as ferramentas
Ferramentas

luns 01 outubro 2012

QUE DEREITOS PERDICHES DENDE QUE EMPEZOU A CRISE


QUE DEREITOS PERDICHES DENDE QUE EMPEZOU A CRISE

LABORAIS:

-Se te despiden cobras só 20 días por ano traballado (ademais o Estado financia 8 deses 20 días, polo que a empresa só che paga 12 días por ano traballado, cando te bota).
-Se estás 9 días de baixa (aínda que estean xustificadas) pódente botar do teu posto de traballo.
-Poden despedirte se a empresa gaña menos (aínda que siga tendo beneficios).
-Poden despedirte se se prevén perdas (aínda que sexan temporais).
-Poden baixarche o soldo ou cambiarche o horario pactado cando a empresa o considere.
-O empresario pode suspender unilateralmente as condicións do convenio colectivo.
-Se te despiden tes que demostrar que o teu despido foi improcedente (agora todos os despidos considéranse procedentes).
-Os ERE (Expediente de Regulación de Emprego) xa non necesitan do visto bo da Administración. Chega con que a empresa o aprobe.
-Suprímense as bonificacións por maternidade.
-As EETT's suplantan ao Servizo Público de Emprego.

CIVÍS 

-Se polo que sexa es acusado de terrorismo, podes permanecer ata 13 días retido/a, e durante ese tempo non tes dereito a un/ha avogado/a, non tes dereito a un médico á túa elección nin podes comunicar o teu paradoiro á túa familia.
-Se pertences a unha minoría étnica, tes máis posibilidades de ser sometido/a a controis de identidade e de ser sometido/a a accións xudiciais.

SOCIAIS

-Se es dependente ou pensionista, a túa prestación é menor

SANITARIOS

-Se necesitas próteses ambulatorias (muletas,...) agora tes que pagalas.
-Se estás no hospital, nalgunhas comunidades terás que pagar a túa comida e bebida.
-Se necesitas usar unha ambulancia que non sexa unha urxencia, tamén deberás aboala.
-Se tes problemas dixestivos ou de peso, tamén deberás pagar os teus produtos dietéticos.
-Se es estranxeirx en situación irregular deixas de ter dereito á sanidade, só se che atende en urxencias (confúndese non ter papeis, con non ter dereitos).
-Se tes máis de 26 anos, debes demostrar a túa falla de ingresos para poder acceder aos sistema sanitario.
-Se tes algún tipo de patoloxía crónica ou enfermidade rara deberás pagar os servizos, actividades ou técnicas que se che apliquen e queden fóra das consideradas esenciais.

EDUCATIVOS

-Se non tes cartos e necesitas dunha bolsa para poder estudar, o estado non terá en conta esta situación senón que o que contará serán os teus resultados académicos.
-Se traballas na docencia non te poderás reciclar, porque os cursos de formación permanente desaparecen case por completo.
-Se traballas na docencia terás que impartir materias para as que non te formaches.
-Se traballas como científicx, hai un 43% de postos laborais menos este ano.
-Se queres facer estudos universitarios ou xa estás estudando, vas ter que pagar máis por realizar os teus estudos.

DEREITOS QUE NON PERDICHES PERO QUE QUEREN REVISAR

LABORAIS 

-Queren revisar o dereito a folga.
-Queren que a resistencia pasiva (cando nunha manifestación sentas no chan e a policía ten que te erguer, por exemplo) sexa considerada delito.
-Queren que, se convocas unha manifestación por internet e logo hai algunha algarada, sexa considerado que cometes “delito de integración en organización criminal”.

Ningún comentario:

Publicar un comentario