Enrédate 3ª TEMPADA 1 Programa "Ecoar" e "Oficina de Dereitos Sociais"
Entrevista a Miguel Quinteiro sobre mobilizacións sociais, ECOAR e análise electoral
artigos
(4)
democracia representativa
(1)
dereitos
(3)
Ecoar nos medios
(1)
recortes
(2)
rescate
(1)
SISTEMA DE ELECCIÓNS
(1)
sistema político
(2)
martes 20 novembro 2012
luns 12 novembro 2012
Comunicado
de apoio á convocatoria de folga xeral do 14N
O vindeiro mércores 14 de novembro celebrarase unha
xornada de folga xeral, convocada pola meirande parte dos sindicatos do Estado Español.
Será un evento histórico posto que é a primeira vez que varios países da Unión
Europea irán á folga en conxunto. Desta vez o motivo da protesta non é unha
medida económica concreta, senón a vontade de manter unha postura clara en
contra da política económica levada a cabo pola clase dirixente. Falamos logo
da motivación de enfrontarse ó capitalismo en si e á súa ofensiva contra os
dereitos sociais acadados durante séculos.
A
plataforma ECOAR apoia completamente esta convocatoria. Consideramos que é unha
oportunidade decisiva para que cada persoa se sume a ela de maneira activa e
desta forma acadar unha fronte común cada vez máis ampla ante a política de
recortes económicos e sociais que se está a levar a cabo contra o conxunto da
poboación. É fundamental que a cidadanía amose o rexeitamento a unhas políticas
que están a xerar precariedade e pobreza, que a agresión en contra dos dereitos
sociais non vai ser aceptada pola poboación. Tamén é a oportunidade que temos
de reivindicar de forma masiva unha serie de dereitos que o actual goberno tenta
desmantelar, dereitos civís que non teñen nada que ver coa economía coma son o
de folga, o de reunión ou o de manifestación. O proceso de erosión destes
dereitos pouco ou nada ten que ver coa situación económica, senón que é unha
escusa do PP e dos seus afíns para acadar un maior control sobre a sociedade,
reducindo en consecuencia o grao de liberdade.
Igualmente,
dende ECOAR recordamos a importancia de que a xornada de folga non se limite ó
paro laboral, senón que tamén debe haber unha folga de consumo. Hoxe en día o
consumo é un dos eixos principais do sistema capitalista e deixar de consumir
durante a xornada de folga supón levar a cabo unha acción determinante contra
os intereses ós que nos enfrontamos. Tamén é importante lembrar que a folga
dura 24 horas, para fortalecer a protesta é fundamental manter as accións
durante todo ese período de tempo.
Unha
cousa a ter en conta é que xa sabemos o que vai dicir o goberno ó día seguinte,
que a folga foi un fracaso, que a maioría da xente non secundou a xornada
porque está de acordo coas súas políticas "inevitables" de recortes e que a
xente que quedou na casa fíxoo porque as apoia. Este discurso xa é seguro, forma
parte da estratexia de mentira e manipulación que estamos a sufrir, pero o
importante é que cada persoa se pregunte se quere que sexa certo ou non. A
xornada é unha oportunidade para que a cidadanía en conxunto faga valer a súa
voz en contra da situación de crise social imposta polo poder. Debemos facerlles fronte de maneira activa, desta vez coa sorte de que pode ser de
xeito europeo, para que non avance a ofensiva capitalista baseada en recortes
sociais e apoio con diñeiro público ás entidades financeiras. Por isto e por
todas as razóns explicadas antes animamos á xente a participar na vindeira
folga xeral do 14N.
xoves 18 outubro 2012
Lei electoral, que podes facer?
Lei electoral, que podes facer?
O
sistema político actual utiliza coma método de organización
política a democracia
representativa,
a cal consiste en que o soberano (o pobo) cede a súa capacidade de
gobernar (os políticos son quen toman as decisións). Así pois a
cidadanía perde a capacidade de elixir sobre a súa vida que pasa a
mans das persoas que resultan escollidas na votación. Polo tanto, no
sistema actual, a
elección de representantes políticos supón unha perda da
capacidade de decisión para o individuo e, polo tanto, de liberdade.
É un sistema interesado, posto que desta forma a clase política é
quen de controlar dunha maneira máis efectiva os seus intereses,
sexan estes ou non os do pobo.
COMO FUNCIONA O SISTEMA DE ELECCIÓNS?
Todo
este sistema está regulado pola Lei Electoral 8/1985. O obxectivo
último desta lei é impedir que a cidadanía teña capacidade
operativa real de autoxestión mediante a posta en funcionamento de
mecanismos que dificultan e impiden a súa participación na vida
política. Os mecanismos deste tipo máis representativos son: -a
división do
electorado en circunscricións
(no caso galego as provincias) que fai que un mesmo voto non teña o
mesmo valor nunha ou noutra circunscrición -o albor
electoral (porcentaxe mínima de votos que ten que acadar un partido
para poder ter representación),
que no resto do estado é do 3%, en Galicia establécese no 5%,
polo cal as opcións de voto minoritarias quedan excluídas -o
sistema D´Hondt
que no reparto de escanos favorece á opción de voto maioritaria,
xera un sistema que conduce ao voto útil e ao bipartidismo.
QUE OPCIÓNS TES CO SISTEMA ACTUAL?
É importante que cada individuo manteña unha actitude activa e crítica perante a política e que, sexa cal sexa a opción que decida tomar, fágao con información e convicción. Ante unhas eleccións e coa actual lei electoral, a cidadanía ten as seguintes opcións:
1º Abstención: consiste en non acudir ás urnas a votar. Hai que ter en conta que aínda que ti escollas non participar do proceso, o sistema seguirá a ter capacidade de acción sobre ti. É importante que saibas que esta pode ser unha opción máis de participación política, a renuncia a participar dun sistema co cal non se está de acordo.
2º Voto nulo: Implica a participación no proceso electoral dunha forma que a lei non acepta. Estes votos non computan para o resultado final das eleccións, pero si o fan coma participación- Nesta modalidade pode explicitarse o teu desacordo co sistema electoral.
3º Voto en branco: A idea básica deste tipo de voto pode ser a de participar das eleccións para comunicar o descontento coa clase política. Porén, o sistema encárgase de boicotear esta opción mediante o sistema D'Hont e o albor electoral, pois o voto súmase ao total.
4º Voto: Supón escoller unha listaxe electoral e manifestar o apoio a ela. É fundamental que se te decides a votar, o fagas con coñecemento e actitude crítica. O voto útil, por exemplo, só beneficia ao mesmo sistema que te esta impedindo ter unha opción válida á que apoiar.
QUE OPCIÓNS TES MÁIS ALÓ DO SISTEMA ACTUAL?
Aínda que o sistema dificulte o desenvolvemento da súa existencia, existen mecanismos para construír un proxecto de sociedade máis aló da política tradicional. O asociacionismo é un método que permite poder levar adiante de xeito efectivo calquera acción no medio. Ter unha idea e desenvolvela a través das diferentes formas asociativas pode chegar a ser un xeito máis efectivo de acadar os teus obxectivos. A iniciativa individual pode permitirche levar ao cabo os proxectos políticos que pensas que os partidos non han sacar adiante. Así mesmo, é importante recordar que a iniciativa individual pode aplicarse tamén a acción social, non é exclusiva do emprendedor capitalista, tal e como nos fai ver o sistema actual. A formación de plataformas que faciliten a posta en marcha de proxectos conxuntos tamén é unha forma de participación activa na sociedade a ter en conta.
QUE PODES FACER TI?
Non deixes que pensen por ti.
A
QUEN ESCOLLES NAS ELECCIÓNS?
Clic para ver a imaxe máis grade e copiala |
COMO FUNCIONA O SISTEMA DE ELECCIÓNS?
Clic para ver a imaxe máis grade e copiala |
QUE OPCIÓNS TES CO SISTEMA ACTUAL?
É importante que cada individuo manteña unha actitude activa e crítica perante a política e que, sexa cal sexa a opción que decida tomar, fágao con información e convicción. Ante unhas eleccións e coa actual lei electoral, a cidadanía ten as seguintes opcións:
1º Abstención: consiste en non acudir ás urnas a votar. Hai que ter en conta que aínda que ti escollas non participar do proceso, o sistema seguirá a ter capacidade de acción sobre ti. É importante que saibas que esta pode ser unha opción máis de participación política, a renuncia a participar dun sistema co cal non se está de acordo.
2º Voto nulo: Implica a participación no proceso electoral dunha forma que a lei non acepta. Estes votos non computan para o resultado final das eleccións, pero si o fan coma participación- Nesta modalidade pode explicitarse o teu desacordo co sistema electoral.
3º Voto en branco: A idea básica deste tipo de voto pode ser a de participar das eleccións para comunicar o descontento coa clase política. Porén, o sistema encárgase de boicotear esta opción mediante o sistema D'Hont e o albor electoral, pois o voto súmase ao total.
4º Voto: Supón escoller unha listaxe electoral e manifestar o apoio a ela. É fundamental que se te decides a votar, o fagas con coñecemento e actitude crítica. O voto útil, por exemplo, só beneficia ao mesmo sistema que te esta impedindo ter unha opción válida á que apoiar.
QUE OPCIÓNS TES MÁIS ALÓ DO SISTEMA ACTUAL?
Aínda que o sistema dificulte o desenvolvemento da súa existencia, existen mecanismos para construír un proxecto de sociedade máis aló da política tradicional. O asociacionismo é un método que permite poder levar adiante de xeito efectivo calquera acción no medio. Ter unha idea e desenvolvela a través das diferentes formas asociativas pode chegar a ser un xeito máis efectivo de acadar os teus obxectivos. A iniciativa individual pode permitirche levar ao cabo os proxectos políticos que pensas que os partidos non han sacar adiante. Así mesmo, é importante recordar que a iniciativa individual pode aplicarse tamén a acción social, non é exclusiva do emprendedor capitalista, tal e como nos fai ver o sistema actual. A formación de plataformas que faciliten a posta en marcha de proxectos conxuntos tamén é unha forma de participación activa na sociedade a ter en conta.
QUE PODES FACER TI?
Non deixes que pensen por ti.
luns 01 outubro 2012
En que consiste o “rescate”?
-->
Que podemos facer?
Como
se forma a débeda?
Durante anos, o noso
sector financeiro contribuíu á creación dunha enorme burbulla
inmobiliaria. Bancos, caixas de aforros e aseguradoras acompañaron
os poderes institucionais nesa demencial carreira especulativa. Para
financiar os proxectos das construtoras e manter a capacidade de
consumo dunhas familias que perdían poder adquisitivo ano tras ano,
os nosos bancos e caixas concederon créditos con moita facilidade.
Para facer fronte a esta marea crediticia, o noso sistema financeiro
pediu prestado, principalmente á banca alemá que é quen acumula o
excedente. Isto quere dicir que o sistema financeiro alemán foi
un dos principais protagonistas e beneficiarios do noso endebedamento
privado.
Cando
se converte a débeda privada en débeda pública
Coa
crise que estala en 2008 e que supón a conxelación do fluxo de
cartos entre bancos, as economías que dependían do financiamento
alemán comezaron a sufrir problemas de liquidez. Apoiándose na idea
de que a caída do sistema bancario implicaba a caída da economía
real, o estado inxectou cartos públicos, pasando a facerse cargo
da débeda da banca. Estados como o español, que ata 2007 tiña
superávit, entraron en déficit.
En que
consiste o “rescate”?
En esencia, os
rescates non son máis que unha forma de asegurarse o retorno dos
préstamos que principalmente a banca alemá, pero tamén francesa,
británica e, en menor medida, estadounidense, teñen comprometida na
banca deses estados. Os cartos do rescate á banca española non
están pensados para aliviar a crise e os problemas que esta provoca
na cidadanía, e tampouco para que o crédito volva fluír ás
empresas e familias; o seu único obxectivo é asegurar o pago dos
intereses das débedas contraídas por bancos e caixas durante os
anos da burbulla. Rescatan á banca para que se lles poida seguir
pagando.
Que
suporá para nós o rescate?
En primeiro lugar, a
perda da soberanía económica, política e social. O Banco Mundial,
a Comisión Europea e o FMI (a famosa Troika) intervirán a nosa
economía e as nosas institucións, impoñendo reformas e recortes para
cobrarse a débeda da banca privada e grandes corporacións, tal e
como está a pasar en Greza.
En segundo lugar, un
ataque ao estado social que elimina
dereitos entre os membros da comunidade e limita o acceso equitativo
a recursos e servizos, avocando
á pauperización da maioría da poboación.
Que podemos facer?
- Opoñernos con toda a nosa forza a un rescate da banca privada, esixindo a súa suspensión inmediata. Que sexa a banca quen pague a súa débeda co seu propio patrimonio, aínda que iso provoque a súa quebra.
- Esixir a depuración das responsabilidades deste proceso.
- Asegurar o democrático funcionamento do sector, a través do control e participación directa dos cidadáns e cidadás.
QUE DEREITOS PERDICHES DENDE QUE EMPEZOU A CRISE
QUE DEREITOS PERDICHES DENDE QUE
EMPEZOU A CRISE
LABORAIS:
-Se te despiden cobras só 20 días por
ano traballado (ademais o Estado financia 8 deses 20 días, polo que a
empresa só che paga 12 días por ano traballado, cando te bota).
-Se estás 9 días de baixa (aínda que
estean xustificadas) pódente botar do teu posto de traballo.
-Poden despedirte se a empresa gaña
menos (aínda que siga tendo beneficios).
-Poden despedirte se se prevén perdas
(aínda que sexan temporais).
-Poden baixarche o soldo ou cambiarche o
horario pactado cando a empresa o considere.
-O empresario pode suspender
unilateralmente as condicións do convenio colectivo.
-Se te despiden tes que demostrar que o
teu despido foi improcedente (agora todos os despidos considéranse
procedentes).
-Os ERE (Expediente de Regulación de
Emprego) xa non necesitan do visto bo da Administración. Chega con
que a empresa o aprobe.
-Suprímense as bonificacións por
maternidade.
-As EETT's suplantan ao Servizo Público
de Emprego.
CIVÍS
-Se polo que sexa es acusado de
terrorismo, podes permanecer ata 13 días retido/a, e durante ese tempo non
tes dereito a un/ha avogado/a, non tes dereito a un médico á túa
elección nin podes comunicar o teu paradoiro á túa familia.
-Se pertences a unha minoría étnica,
tes máis posibilidades de ser sometido/a a controis de identidade e de
ser sometido/a a accións xudiciais.
SOCIAIS
-Se
es dependente ou pensionista, a túa prestación é menor
SANITARIOS
-Se
necesitas próteses ambulatorias (muletas,...) agora tes que pagalas.
-Se
estás no hospital, nalgunhas comunidades terás que pagar a túa
comida e bebida.
-Se
necesitas usar unha ambulancia que non sexa unha urxencia, tamén
deberás aboala.
-Se
tes problemas dixestivos ou de peso, tamén deberás pagar os teus
produtos dietéticos.
-Se
es estranxeirx en situación irregular deixas de ter dereito á
sanidade, só se che atende en urxencias (confúndese non ter papeis,
con non ter dereitos).
-Se
tes máis de 26 anos, debes demostrar a túa falla de ingresos para
poder acceder aos sistema sanitario.
-Se
tes algún tipo de patoloxía crónica ou enfermidade rara deberás
pagar os servizos, actividades ou técnicas que se che apliquen e
queden fóra das consideradas esenciais.
EDUCATIVOS
-Se
non tes cartos e necesitas dunha bolsa para poder estudar, o estado
non terá en conta esta situación senón que o que contará serán
os teus resultados académicos.
-Se
traballas na docencia non te poderás reciclar, porque os cursos de
formación permanente desaparecen case por completo.
-Se
traballas na docencia terás que impartir materias para as que non te
formaches.
-Se
traballas como científicx, hai un 43% de postos laborais menos este
ano.
-Se
queres facer estudos universitarios ou xa estás estudando, vas ter
que pagar máis por realizar os teus estudos.
DEREITOS
QUE NON PERDICHES PERO QUE QUEREN REVISAR
LABORAIS
-Queren
revisar o dereito a folga.
-Queren
que a resistencia pasiva (cando nunha manifestación sentas no chan e
a policía ten que te erguer, por exemplo) sexa considerada delito.
-Queren
que, se convocas unha manifestación por internet e logo hai algunha
algarada, sexa considerado que cometes “delito de integración en
organización criminal”.
POR QUE SE FAN RECORTES SOCIAIS?
POR QUE SE FAN RECORTES SOCIAIS?
A crise económica que está a sacudir
Europa estase empregando como escusa para poder realizar recortes en
materia social. Baseándose nunha política económica que busca o
déficit cero, os diferentes gobernos están buscando unha saída da
crise a través de medidas de aforro. Aforro que entenden que se ten
que facer a través do recorte de dereitos e servizos sociais.
QUE IDEOLOXÍA GUÍA A APLICACIÓN DE
RECORTES?
Pero esta política de recortes ten
unha liña ideolóxica que é quen a sostén. A ideoloxía
capitalista, e concretamente a neoliberal, busca un mundo no que o
sector público desapareza en favor do privado, pois entende que todo
debe ter unha finalidade lucrativa e, polo tanto, todo debe
converterse en negocio. Así pois dende os anos 70 os gobernos veñen
aplicando unha política orientada á venda dos bens e servizos
públicos. Así pois nos 80 e nos 90 o que se fixo foi ir
privatizando as diferentes empresas públicas (Telefónica,
Iberia,...), labor que hoxe continúa; e co inicio do século XXI,
empezouse a privatización dos servizos públicos (privatización
progresiva da educación, da sanidade,...).
QUE IMPLICAN ESTES RECORTES?
Os recortes que se están realizando
implican unha sociedade cada vez máis desigual. A riqueza cada vez
está máis concentrada ( e a bolsa de xente vivindo por baixo do
umbral de pobreza é cada vez maior (no estado español o 26% da
poboación está xa nesta situación). A isto hai que engadirlle que
a situación agudízase aínda máis, pois a progresiva privatización
dos servizos públicos fai que moita xente hoxe non teña dereitos
porque non pode acceder a eles (persoas que non poden acceder aos
servizos sanitarios, persoas que deixan de percibir as súas
prestacións, persoas que non teñen acceso a unha vivenda...). Todo
isto vai facendo que a fenda social sexa cada vez maior, e que a
xente perciba a situación e o sistema actual como inxustos, polo que
o nivel de tensión social aumenta.
HABERÍA ALTERNATIVA A ESTES RECORTES?
Si. No canto de facer recortes a través
do dereitos básicos da persoas e dos servizos sociais, hai outros
métodos de financiamento que o goberno podería ter buscado. Deixar
de financiar institucións como a monarquía ou a igrexa, recortar en
gasto militar, incrementar os impostos ás grandes fortunas, xerar
ferramentas contra a fraude fiscal, deixar de financiar ás grandes
empresas e multinacionais,... son, entre outras, medidas de
recadación que se poderían tomar e que contribuirían a saír da
crise, sen facer ningún tipo de recorte en dereitos nin servizos
sociais.
É POSIBLE FREAR OS RECORTES?
Si. Pero para isto necesítase unha
forte presión social que faga fronte ás medidas de presión das
grandes empresas financeiras e multinacionais. Así pois só coa
participación activa e directa da cidadanía se pode acadar un novo
escenario no que se aposte por outras medidas como saída desta
crise.
E TI QUE FAS EN TODO ISTO?
O teu papel en todo isto é
fundamental. Calquera pode participar, propor ou realizar unha acción
de protesta, tanto de xeito individual como colectivo. Do que se
trata é de que movas o teu entorno próximo: de que te informes e de
que informes, de que apoies accións coas que esteas de acordo e de
que xeres outras que para ti sexan necesarias, de que prestes a túa
sinatura para unha medida legal ou de que te unas a un colectivo,...
Ti tes un papel fundamental en todo isto.
MOBILIZAR + CONVERXER +
CONSTRUÍR
PENSA + ACTÚA +
ORGANÍZATE
mércores 07 marzo 2012
Os gobernos reveláronse como instrumentos do que chaman “os mercados”, que en realidade son grandes empresas transnacionais e financeiras con nome e apelidos.
Denunciamos e rexeitamos o engano que fan sobre a cidadanía, presentando como única saída posible da crise os recortes sociais, a través da perda de dereitos e liberdades. Persoas e colectivos ao longo de todo o mundo demostran que hai alternativas para saír da crise e que outros camiños son posibles e necesarios.
As mobilizacións que se estenderon por todo o planeta a partires da primavera do 2011, foron un revulsivo social ante a situación imposta; un movemento esperanzador que non debemos esquecer nin deixar desaparecer.
Subliñamos, non só as ameazas sobre as nosas economías, senón sobre a “democracia” mesma: menos do 1% decide sobre o presente e futuro do outro 99%.
Como espazo cidadá, os nosos obxectivos fundamentais son, diagnosticar a realidade dende a pluralidade, definindo e propoñendo alternativas; mobilizar e impulsar accións e iniciativas concretas que loiten polos dereitos humanos, a dignidade dos/as traballadores/as, o consumo responsable, a ecoloxía, o multiculturalismo, a igualdade de xénero... Camiñando cara un sistema social xusto.
Chamamos a converxer a persoas e colectivos sociais para poñer en marcha unha resposta unitaria e solidaria á crise capitalista.
DEMOCRACIA FRONTE “OS MERCADOS”
MOBILIZAR + CONVERXER + CONSTRUÍR
PENSA - ACTÚA - ORGANÍZATE
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)